Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12936

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (136/2010).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, por este edicto, anuncio na demanda número 136/2010 seguida por instancia de Filomena García Bravo contra Café Bonaire, S.L., sendo parte o Fogasa, ditouse sentenza número 161/2012, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 9 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 136/2010, sendo demandante Filomena García Bravo, representada polo graduado social Sr. Vázquez Conde, e demandada a empresa Café Bonaire, S.L.; foi citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Filomena García Bravo contra Café Bonaire, S.L. e, en consecuencia, condeno esta última a lle aboar a Filomena García Bravo a cantidade de 1.363,35 euros que debe.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en forma a Café Bonaire, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial