Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12926

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Pobra de Trives

EDICTO (77/2011).

María Lapido Alonso, secretaria do Xulgado de Primera Instancia da Pobra de Trives dou fe que nos autos de divorcio contencioso seguidos ante este xulgado baixo o número 77 de 2011 consta a resolución cuxo encabezado e parte dispositiva din:

«Sentenza.

Na vila da Pobra de Trives, vinte e tres de novembro de dous mil once. Vistos por min, María Victoria Candamo París, xuíza titular deste xulgado, os autos de divorcio contencioso seguidos baixo o número 77 de 2011, promovidos por instancia de José Luis Suárez Arias, representado pola procuradora Ana Belén Vega González e asistido polo letrado José Díaz Ocampo, o cal litiga cos beneficios de asistencia xurídica gratuíta, fronte a Yadira Rosa Fraija Montaño, declarada en situación de rebeldía procesual, versando o xuízo sobre disolución de matrimonio por causa de divorcio.

Decisión que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por José Luis Suárez Arias, representado pola procuradora Ana Belén Vega González e asistido polo letrado José Díaz Ocampo, fronte a Yadira Rosa Fraija Montaño, e decreto a disolución por divorcio do matrimonio entre ambos os dous, así como a disolución da sociedade de gananciais entre eles.

Inscríbase a presente resolución no Rexistro Civil Central, onde consta o matrimonio dos litigantes, inscrito no tomo 1092, páxina 95 da sección primeira.

Cada unha das partes pagará as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíqueselles ás partes esta sentenza, facéndoo en relación coa demandada rebelde por medio de edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia e que será remitido polo xulgado, toda vez que a demandante litiga cos beneficios de asistencia xurídica gratuíta, e facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación, que se deberá interpoñer no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da notificación, logo de consignación do depósito previsto na DA 15.ª da LOPX.

Lévese testemuño desta resolución aos autos da súa razón.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino. Asinado e rubricado: María Victoria Candamo París. Consta publicada no mesmo día da súa data».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación en forma á demandada rebelde Yadira Rosa Fraija Montaño, a quen se lle fai saber que a dita resolución non é firme e que contra esta poderá interpor recurso de apelación no prazo de vinte días contados a partir da publicación do presente, expido e asino este.

A Pobra de Trives, 25 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial