Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12928

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (590/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 590/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paloma Gutiérrez Rivas contra White-Wise Corporation, S.L., e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que estimando en parte a demanda interposta por Paloma Gutiérrez Rivas, con DNI 32791943S, contra a empresa White-Wise Corporation, S.L., debo declarar e declaro que procede parcialmente, condenando a entidade demandada a que lle aboe á demandante a suma de 2.237,08 euros, máis o xuro por mora do 10%.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso de suplicación, pois a contía litixiosa da reclamación non excede os 3.000 euros (artigo 191.2.g da Lei reguladora da xurisdición social).

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira, instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a White-Wise Corporation, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 9 de marzo de 2012.

O secretario xudicial
Rubricado