Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12929

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (459/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 459/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Peña González contra Mariscos Gallegos por Internet, S.A., e Fogasa en reclamación por ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución se xunta:

«Que estimando en parte a demanda interposta por Patricia Peña González, con DNI 53163723-M, contra a empresa Mariscos Gallegos por Internet, S.A., debo declarar e declaro que procede parcialmente, condenando a entidade demandada a que lle aboe á demandante as cantidades de 1.765,50 euros líquidos e 6.756,89 euros brutos, polos conceptos reclamados, máis o xuro por mora do 10%.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e cabe interpor contra ela recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de que depositou a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531- 60) na conta deste xulgado aberta en Banesto. A consignación en metálico poderase substituír por aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Tamén deberá acreditar na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer. Sen este requisito non se considerará anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Mariscos Gallegos por Internet, S.A., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 9 de marzo de 2012.

O secretario xudicial
Rubricado