Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12931

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (554/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 554/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Celdrán Lendoiro contra a empresa Alejandro Reino Romero (Peina-T), sobre ordinario, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que estimando a demanda interposta por Ana María Celdrán Lendoiro, con DNI 47382246-S, contra a empresa Alejandro Reino Romero (Peina-T), debo declarar e declaro que procede, condenando a entidade demandada a que lle aboe á demandante a suma de 1.244,49 euros, mais os xuros do artigo 576 da LAC.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso de suplicación, pois a contía litixiosa da reclamación non excede os 3.000 euros (artigo 191.2.g) da LPL).

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Alejandro Reino Romero (Peina-T), en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de marzo de 2012.

O secretario xudicial
Rubricado