Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12932

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (406/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento PO 406/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 9 de febreiro de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña e do seu partido, estes autos de xuízo n.º 406/2011, seguidos por instancia de José Manuel Ínsua Gómez, Alberto Suárez García, José Manuel Abruñedo Barbeito, José Manuel Curros Amboage e Ricardo Louro Vilariño, representados polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Víctor Manuel Valiña Blanco-Talleres Valiña, que non compareceu no acto de xuízo, e o Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de salarios.

Resolvo que estimando integramente a demanda formulada por José Manuel Ínsua Gómez, Alberto Suárez García, José Manuel Abruñedo Barbeito, José Manuel Curros Amboage e Ricardo Louro Vilariño, representados polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Víctor Manuel Valiña Blanco-Talleres Valiña, que non compareceu no acto de xuízo, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar a José Manuel Ínsua Gómez a cantidade de 9.219,36 euros, a Alberto Suárez García a cantidade de 8.195,66 euros, a José Manuel Abruñedo Barbeito a cantidade de 8.218,27 euros, a José Manuel Curros Amboage a cantidade de 8.195,66 euros e a Ricardo Louro Vilariño a cantidade de 8.195,66 euros, en concepto de salarios dos meses de marzo a xullo de 2010, ambos inclusive e a parte proporcional das vacacións de 2010, no sentido exposto no fundamento de dereito primeiro, cos xuros de demora pertinentes.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Víctor Manuel Valiña Blanco-Talleres Valiña, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado