Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 13001

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nogueira de Ramuín

ANUNCIO da modificación puntual número un con ordenación detallada do Plan Xeral de Ordenación Municipal deste concello (expediente E.P. 66/2011).

Aprobado inicialmente por acordo do Pleno, do 8 de febreiro de 2012, o proxecto de modificación puntual n.º 1 con ordenación detallada do PXOM de Nogueira de Ramuín, de conformidade cos artigos 85.2 e 93.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia, e no xornal La Región (conta desde a última publicación que se efectúe).

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para formular alegacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do planeamento en que as novas determinaciones supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

As áreas afectadas pola suspensión son as relativas ao ámbito territorial que abarca a modificación, durante o prazo dun ano.

Nogueira de Ramuín, 5 de marzo de 2012.

José César Parente Pérez
Alcalde