Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13034

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo autonómico de centros especiais de emprego relativo á aprobación das táboas salariais para o ano 2011.

Visto o acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2011, que subscribiu a comisión paritaria do convenio colectivo autonómico de centros especiais de emprego na reunión que tivo lugar o 15 de decembro de 2011, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, a Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG n.º 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO I

En Santiago de Compostela, ás 11.00 horas do día 15 de decembro de 2011, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24-baixo, reúnese a comisión paritaria do convenio autonómico de centros especiais de emprego coa asistencia das persoas a seguir sinaladas:

Representación empresarial:

Ignacio Rodríguez Sáez (CEGASAL).

Gonzalo A. Fariña Pérez (CEGASAL).

Representación sindical:

María Luisa Rodríguez Vázquez (UGT-Galicia).

Adela Poisa Baños (SN de CC.OO. de Galicia).

O motivo da presente xuntanza é a análise das táboas salariais relativas ao ano 2011 do convenio colectivo galego de centros especiais de emprego.

Logo das oportunas deliberacións, debate e discusión do obxecto da presente xuntanza, as partes acordan as táboas salariais do ano 2011, que son o resultado de aplicar o artigo 22 do convenio, e que son as seguintes:

Centros especiais de emprego de Galicia:

ANEXO II

Táboas salariais (C.E.E. sen ánimo de lucro)

Categorías

Nivel

Nomes

2011

Sal. mensual

Sal. anual

1

N1

Técnico superior nivel 1

1.173,33

16.426,62

N2

Técnico superior nivel 2

1.108,12

15.513,68

2

N1

Técnico medio nivel 1

1.042,81

14.599,34

N2

Técnico medio nivel 2

977,81

13.689,34

3

Mando intermedio

880,00

12.320,00

4

Técnico axudante

847,29

11.862,06

5

N1

Administrativo nivel 1

827,84

11.589,76

N2

Administrativo nivel 2

690,61

9.668,54

6

N1

Técnico non cual. nivel 1

688,38

9.637,32

N2

Técnico non cual. nivel 2

677,35

9.482,90

7

Operario

665,60

9.318,40

ANEXO III

Táboas salariais (C.E.E. con ánimo de lucro)

Categorías

Nivel

Nomes

2011

Sal. mensual

Sal. anual

1

N1

Técnico superior nivel 1

1.707,52

23.905,28

N2

Técnico superior nivel 2

1.336,97

18.717,58

2

N1

Técnico medio nivel 1

1.257,48

17.604,72

N2

Técnico medio nivel 2

1.179,72

16.516,08

3

Mando intermedio

1.166,89

16.336,46

4

Técnico axudante

1.093,80

15.313,20

5

N1

Administrativo nivel 1

998,80

13.983,20

N2

Administrativo nivel 2

805,49

11.276,86

6

N1

Técnico non cual. nivel 1

801,56

11.221,84

N2

Técnico non cual. nivel 2

787,29

11.022,06

7

Operario

779,90

10.918,60

As representacións presentes nesta comisión paritaria delegan no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites necesarios para proceder ao rexistro, depósito e publicación das anteditas táboas ante a autoridade laboral competente.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión ás doce horas no lugar e na data arriba sinalados, que asinan por duplicado exemplar todos os asistentes.