Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13159

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muros

ANUNCIO de información pública sobre actividade dun tanatorio no lugar da Pendente, na parroquia de Esteiro (expediente 488/11).

A sociedade mercantil Tanatorio Torre de Cillobre, S.L., con CIF n.º B-70063748, con domicilio na rúa Doctor Ferrand, 14-16-18, A Coruña, solicita licenza de actividade para un tanatorio, situado no lugar da Pendente, na parroquia de Esteiro, de acordo co proxecto do arquitecto-técnico Jorge Paredes Insua (expediente 488/11).

De acordo co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e co artigo 52 do Decreto 134/1998, do 23 de abril, polo que se aproba o Regulamento de policía sanitaria mortuoria, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia– coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, no Servizo de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Muros, 15 de marzo de 2012.

Caridad González Cerviño
Alcaldesa