Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13158

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO de información pública sobre a instalación de taller mecánico de maquinaria agrícola na Aldea, na parroquia de Xermar.

Juan Carlos Penelas Fernández solicitou licenza municipal para a instalación de taller mecánico de maquinaria agrícola, sometida a avaliación de incidencia ambiental, que se desenvolverá no lugar da Aldea da parroquia de Xermar, e neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, por un período de vinte días –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación–, para que todos aqueles que se consideren afectados pola dita actividade poidan examinar o expediente, que se atopa á súa disposición na Secretaría municipal, e formulen por escrito reclamacións ou observacións se o xulgan oportuno.

Cospeito, 5 de marzo de 2012.

Armando Castosa Alvariño
Alcalde