Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2012 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 48/2012 correspondente ao recurso contencioso-administrativo interposto por Capelu Audiovisuais, S.L., contra a Resolución do 28 de xullo de 2011, do secretario xeral de Medios, relativa aos expedientes sancionadores acumulados SXMEDIOS 3/2011 e SXMEDIOS 4/2011.

A Secretaría Xeral de Medios recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 48/2012, interposto por Jorge Berejano Pérez, en nome e representación de Capelu Audiovisuais, S.L., contra a Resolución do 28 de xullo de 2011, do secretario xeral de Medios relativa aos expedientes sancionadores acumuladas SXMEDIOS 3/2011 e SXMEDIOS 4/2011.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou mediante Resolución do 23 de marzo de 2011 e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica aos restantes interesados Rías Baixas de Producciones, Vídeo Televisión, S.A., Unión Televisiones Gallegas, S.A., e Faro de Vigo, S.A.U., e para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte á recepción deste emprazamento e, en todo caso, á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2012.

Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios