Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución de arquivo do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-14/12.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se relaciona no anexo que se achega a resolución de arquivo do expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado para que, de ser o caso, poida consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avda. da Habana n.º 79-2.º, 32003 Ourense.

Non obstante o anterior, e de acordo co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 23 de marzo de 2012.

Luis Juan Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-14/12.

Denunciada: Ocio Arenteiro, S.L.

NIF: B32407009.

Establecemento: Musk.

Enderezo: rúa Chamoso Lamas, n.º 16, A-B, baixo, O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola Lei orgánica 4/1997, do 4 de agosto.