Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2012 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 4017/2012 correspondente ao recurso contencioso-administrativo interposto por Emisoras Municipais Galegas contra a Resolución do 8 de novembro de 2011, do secretario xeral de Medios, relativa á inadmisión da axuda solicitada.

A Secretaría Xeral de Medios recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección 2.ª) oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 4017/2012, interposto por Xulio Xabier López Valcarcel, en nome e representación de Emisoras Municipais Galegas contra a Resolución do 8 de novembro de 2011, do secretario xeral de Medios, pola que se declarou a inadmisión da solicitude da axuda presentada por Emisoras Municipais Galegas para o medio de comunicación Radiofusión.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou mediante Resolución do 14 de marzo de 2012 e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notificou aos restantes interesados e se publica no Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte á recepción do emprazamento e, en todo caso, á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2012.

Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios