Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se dispón a notificación dun acordo de iniciación de expediente sancionador por infracción en materia de xogo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de iniciación de expediente sancionador por infracción en materia de xogo, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Desígnanse instrutora e secretario do expediente a Isabel Santos-Ascarza Tabarés e Amador Fernández Lozano, respectivamente, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, para poder examinar o expediente, no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, n.º 79-2.º (Ourense), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

En virtude do disposto no artigo 32.1.º a) e b) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, modificada pola Lei 3/2002, do 29 de abril, a competencia para resolver o expediente sancionador corresponderá ao director xeral de Emerxencias e Interior se a sanción consiste nunha multa de ata 60.000 euros.

Ourense, 19 de marzo de 2012.

Luis Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nome

DNI/NIF

N.º expte.

Precepto infrinxido

Domicilio

Posible sanción

Joaquín Vázquez Costa

33314547-J

OU-6/12

Artigo 29.j) da Lei 14/1985, do 23 de outubro

R/ Ramón Montenegro, nº. 9, 4.º, porta I, Lugo (Lugo)

Multa superior a 3.000 euros ata 18.000 euros