Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13297

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Orde do 2 de abril de 2012 pola que se encomenda a liquidación da entidade Mutualidad de Previsión Social a Prima Fija Pcae-Vigo ao Consorcio de Compensación de Seguros.

Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 67, do 9 de abril de 2012, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 12248, onde se establece:

«Por acordo da asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o día 30 de marzo de 2012, a entidade Mutualidad de Previsión Social a Prima Fija Pcae-Vigo, inscrita co número 3 no Rexistro autonómico de mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social, adscrito á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, adoptouse por unanimidade o acordo de disolución voluntaria da entidade e tamén solicitar a esta consellería a liquidación da entidade polo Consorcio de Compensación de Seguros, por ser a opción máis vantaxosa para os intereses dos mutualistas»; deberá dicir: «Por acordo da asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o día 30 de marzo de 2012, a entidade Mutualidad de Previsión Social a Prima Fija Pcae-Vigo, inscrita co número 3 no Rexistro autonómico de mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social, adscrito á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, adoptou coa maioría legal e estatutariamente exixida o acordo de disolución voluntaria da entidade con efectos do 30 de abril de 2012 e tamén solicitar a esta consellería a liquidación da entidade polo Consorcio de Compensación de Seguros, por ser a opción máis vantaxosa para os intereses dos mutualistas».