Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13421

I. Disposicións xerais

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Decreto 102/2012, do 29 de marzo, polo que se desenvolve o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na referida disposición, publicada no Diario Oficial de Galicia, núm. 64, do 2 de abril de 2012, cómpre efectuar a seguinte corrección:

– Na páxina 11578, no artigo 15, punto 1, letra h, onde di: «As obrigas, de entre as recollidas nos artigos 5 e 9, consideradas esenciais para a prestación do servizo, segundo o previsto nas bases da convocatoria», debe dicir: «As obrigas, de entre as recollidas nos artigos 6 e 10, consideradas esenciais para a prestación do servizo, segundo o previsto nas bases da convocatoria».