Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13422

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 29 de marzo de 2012 pola que se nomean os vogais do Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación.

En desenvolvemento da autorización contida na disposición adicional segunda da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, aprobouse o Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro (DOG núm. 19, do 27 de xaneiro), polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos. A dita axencia pública autonómica, adscrita á Consellería de Economía e Industria ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas, e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas, a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes.

Segundo establece a disposición adicional primeira do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, a constitución efectiva da Axencia Galega de Innovación producirase coa realización da sesión constitutiva do seu consello reitor, órgano superior colexiado de goberno da Axencia Galega de Innovación, cuxa presidencia corresponde ao conselleiro de Economía e Industria.

O artigo 14 dos estatutos da Axencia Galega de Innovación prevé que integrarán o Consello Reitor da Axencia un representante da Presidencia da Xunta de Galicia e de cada unha das consellerías, unha persoa representante das universidades galegas designada polo Consello Reitor, así como que a persoa titular da Dirección da Axencia e membro nato do Consello Reitor desempeñará a Vicepresidencia. O nomeamento destes vogais e o dos seus suplentes corresponde á persoa titular da Consellería de Economía e Industria.

Doutra banda, a disposición transitoria segunda do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, establece que desde o momento da constitución efectiva da Axencia, a persoa titular da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación desenvolverá transitoriamente as funcións que corresponden ao director/a da Axencia Galega de Innovación ata o nomeamento deste/a a través do procedemento recollido nos estatutos.

Con base nas circunstancias anteriores, unha vez feitas as correspondentes propostas por cada consellería, cómpre facer o nomeamento dos vogais do Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación que, para xeral coñecemento, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Por todo isto, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Nomear vogais do Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación as seguintes persoas:

En representación da Presidencia da Xunta de Galicia:

Vogal titular: Mar Pereira Álvarez, directora da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia.

En representación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

– Vogal titular: Beatriz Cuiña Barja, secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) En representación da Consellería de Facenda:

– Vogal titular: Miguel Corgos López-Prado, director xeral de Orzamentos.

c) En representación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

– Vogal titular: José Antonio Fernández Vázquez, secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

d) En representación da Consellería de Economía e Industria:

– Vogal titular: Borja Verea Fraiz, secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria.

e) En representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

– Vogal titular: José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades.

f) En representación da Consellería de Sanidade:

– Vogal titular: Manuel Antonio Varela Rey, director xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública.

g) En representación da Consellería de Traballo e Benestar:

– Vogal titular: Cristina Ortiz Dorda, secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

h) En representación da Consellería do Medio Rural e do Mar:

– Vogal titular: Juan Carlos Maneiro Cadillo, secretario xeral do Mar.

En representación do Consello Galego de Universidades:

– Vogal titular: Salustiano Mato de la Iglesia, reitor da Universidade de Vigo.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2012.

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria