Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 1 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012010TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 18 de xaneiro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2012010TA-OU, a Pablo Víctor Fagilde González con DNI 44482371-A, propietario do establecemento Chiripa.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Pablo Víctor Fagilde González con DNI 44482371-A, propietario do establecemento Chiripa, o dito acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo 15 días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, n.º 13, Ourense, e obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírtese de que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 1 de marzo de 2012.

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2012010TA-OU.

Denunciado: Pablo Víctor Fagilde González, propietario do establecemento Chiripa.

Documento de identificación: 44482371-A.

Último enderezo coñecido: rúa Pena Corneira, n.º 1-3 baixo, 32005 Ourense.

Feitos imputados: infraccións en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos e tipificación: artigos 19.2.c) –infracción leve e 19.3.n)– infracción grave, da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Sanción proposta: seiscentos cincuenta euros (650,00 €).