A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.
En consecuencia, por proposta da Consellería de Traballo e Benestar, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 12 de abril de 2012, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación, agás as amortizacións, creacións e modificacións dos postos de traballo afectados pola desaparición dos centros de menores Virxe do Carme e de Soutomaior, así como pola fusión do novo centro Complexo de Menores de Ferrol, que quedan demoradas ata o día 18 de xuño de 2012.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 12 de abril de 2012, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2012.
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda