Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 27 de outubro de 2011, pronunciou a Sentenza 990/2011, ditada no procedemento ordinario 4358/2009, interposto por Óscar García Bao, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:
«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Óscar García Bao contra a Orden do 11 de marzo de 2009, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, sobre aprobación definitiva parcial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Oleiros, anulámola no que se refire á clasificación que o PXOM atribúe á parcela do demandante con referencia catastral 3571406NH5937S0000BT, e declaramos que debe ser a do solo urbano rexido pola Ordenanza 2A. No demais, desestimamos o recurso. Non se fai imposición de custas».
A citada sentenza foi declarada firme.
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2012.
M.ª Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo