María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 155/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:
«A Coruña, trece de marzo de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 155/2009 seguidos por instancia de Mónica María Santos Souto, representada polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Noroeste Express Servicio Integral de Paquetería, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.
Decido que estimando integramente a demanda formulada por Mónica María Santos Souto, representada polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Noroeste Express Servicio Integral de Paquetería, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 2.179,95 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.
Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.
Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».
E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Noroeste Express Servicio Integral de Paquetería, S.L. en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 21 de marzo de 2012.
A secretaria xudicial