Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13526

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (168/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 168/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, catorce de marzo de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 168/2009 seguidos por instancia de Antonio Vilela Rodríguez, representado pola letrada Sra. Baptista de Sousa, contra a empresa Universo Digital Software, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que estimando integramente a demanda formulada por instancia de Antonio Vilela Rodríguez, representado pola letrada Sra. Baptista de Sousa, contra a empresa Universo Digital Software, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 5.970,73, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos termos establecidos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Universo Digital Software, S.L. en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial