Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13524

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (683/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento demanda 683/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña o sete de marzo de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e do seu partido, estes autos de xuízo n.º 683/2009, seguidos por instancia de Ramón Luis López Gándara e Juan José Mallo Canle, representados pola letrada Sra. Rodríguez Vieites, contra Alberto Luis Vicente Bernárdez Matovelle, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Resolvo que estimando integramente a demanda formulada por Ramón Luis López Gándara e Juan José Mallo Canle, representados pola letrada Sra. Rodríguez Vieites, contra Alberto Luis Vicente Bernárdez Matovelle e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ao Sr. López Gándara a cantidade de 3.067,96 euros e ao Sr. Mallo Canle a cantidade de 3.012,11 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade que poda ter respecto a tales cantidades segundo o establecido no artigo 33 do Estatuto dos traballadores. Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Alberto Luis Vicente Bernárdez Matovelle, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado