Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13523

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (697/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento demanda 697/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 7 de marzo de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e do seu partido, estes autos de xuízo n.º 697/2009, seguidos por instancia de Luis Alejandro Alarcón Fernández, representado polo letrado Sr. Pedreira Candal, contra a empresa Grupo Eninfes, S.L. en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Resolvo que estimando integramente a demanda formulada por Luis Alejandro Alarcón Fernández, representado polo letrado Sr. Pedreira Candal, contra a empresa Grupo Eninfes, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ao demandante a suma de 2.789,55 euros no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Grupo Eninfes, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado