Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13516

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (650/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 650/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 1 de febreiro de dous mil doce.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) desta cidade, os autos número 650/2011, promovidos por instancia de Álvaro Vázquez Sánchez, representado polo seu letrado Sr. Güemez Abad, e contra a empresa Galeconfort, S.L., non comparecida no acto do xuízo, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que estimando integramente a demanda formulada por Álvaro Vázquez Sánchez, representado polo seu letrado Sr. Güemez Abad e contra a empresa Galeconfort, S.L., non comparecida no acto do xuízo, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 6.763,79 no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.»

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Galeconfort, S.L. en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial