Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13515

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (312/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento PO 312/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, trinta de xaneiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 312/2011 seguidos por instancia de Manuel Nieto García, representado pola letrada Sra. Carpintero Gamallo, contra a empresa Galeconfort, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido: que considerando integramente a demanda formulada por Manuel Nieto García, representado pola letrada Sra. Carpintero Gamallo, contra a empresa Galeconfort, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 5.109,94 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET. Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados da notificación desta sentenza, do cal coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Galeconfort, S.L. en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial