Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13514

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (583/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Paloma Gutiérrez Rivas contra White-Wise Corporation, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número 583/2011 acordouse notificar a White-Wise Corporation, S.L., en ignorado paradoiro, o ditame da sentenza:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Paloma Gutiérrez Rivas contra a empresa White-Wise Corporation, S.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 10.5.2011 e condeno a empresa a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir a demandante no seu posto de traballo ou indemnizala pola extinción da relación laboral coa cantidade –salvo erro ou omisión– de mil trescentos seis euros e vinte céntimos (1.306,20 €), con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, en contía de corenta e tres euros e cincuenta e catro céntimos (43,54 €) diarios. Debe poñer en coñecemento do xulgado, no prazo antes dito, se opta ou non polas readmisións.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta a nome deste xulgado acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso».

E para que sirva de notificación a White-Wise Corporation, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia.

A Coruña, 22 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial