Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13512

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (155/2011).

María Lago Rivero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, mediante este, anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de Sixty Spain, S.L., representada pola procuradora Montserrat Barreras González, fronte a Mercedes Sampayo Santos, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Vigo o 17 de xaneiro de 2012.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade co número 155/2011, promovidos por Sixty Spain, S.L., representada pola procuradora Sra. Barreras González e asistida do letrado Sr. Ruiz-Galbe Santos; contra Mercedes Sampayo Santos, en situación procesual de rebeldía.

Resolución:

Estimando integramente a demanda promovida por Sixty Spain, S.L. contra Mercedes Sampayo Santos, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 13.353,60 euros, en concepto de principal, máis xuros, e ao pagamento das custas procesuais causadas nesta instancia.

Notifíquese ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación, que se deberá interpoñer neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente, sinalando no campo «concepto» a indicación «recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación».

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación «recurso», seguida do código «02 Civil-Apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando, neste caso, no campo observacións, a data da resolución obxecto de recurso, co formato dd/mm/aaaa.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose a devandita demandada, Mercedes Sampayo Santos, en paradoiro descoñecido, expídese este co fin de que sirva de notificación en forma.

Vigo, 27 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial