Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13510

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4686/2008-MJ).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 4686/2008-MJ a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 428/2008 do Xulgado do Social número 5 de Vigo, promovidos por Adelina Carballal Carballal contra o Servizo Galego de Saúde, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Mutua Universal Mugenat, sobre alta médica, con data do 21 de marzo de 2012, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que, co rexeitamento do recurso interposto por Adelina Carballal Carballal, confirmamos a sentenza que con data 11.6.2008 foi ditada nos autos tramitados polo Xulgado do Social número 5 dos de Vigo e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Universal-Mugenat, o Servizo Galego de Saúde e a María Elena Montero Cid.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase a certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporando o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a María Elena Montero Cid, con último domicilio coñecido na rúa Pardiña, 1-travesía Casa 31, Vigo (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial