Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13508

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

SENTENZA (39/2012 MCR).

Tipo e n.º de recurso: recurso de suplicación 39/2012 MCR.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1519/2010 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

Recorrente: Verónica Cajuso Baña.

Avogado: Alberto Maneiro Liñares.

Procurador: José Antonio Castro Bugallo.

Recorridos: Consellería de Traballo e Benestar, Peletería Senda, S.L., Peletería Pepe Nieto, S.L., admón. concursal empresa Pepe Nieto, S.L., Fogasa.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria judicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 39/2012 MCR desta sección, seguido por instancia de Verónica Cajuso Baña contra a empresa Consellería de Traballo e Benestar e outros sobre despedimento disciplinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di así:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Verónica Cajuso Baña, contra a sentenza de data vinte e sete de xuño do ano dous mil once, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Santiago de Compostela, en proceso sobre despedimento promovido pola recorrente fronte ás empresas Peletería Senda, S.L. e Peletería Pepe Nieto, S.L., o Fogasa e o Servizo de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, debemos confirmar e confirmamos a sentenza recorrida.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao Libro de Sentenzas deste Tribunal Superior de Justicia de Galicia-Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, sección aberta en Banesto co n.º 1552 debendo indicar no campo concepto, Recurso seguida do código 35 Social Casación. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código 35 Social Casación. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 19 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial

O anuncio goza de gratuidade co establecido no artigo 2 da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta.