Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13507

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

DECRETO Tribunal Supremo (RSU 2973/2011-JS).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Sala do Social da Coruña.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2973/2011-JS.

Xulgado de orixe/autos: demanda 974/2010 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrente: Real Club Náutico de Vigo.

Avogado: Eduardo José Salido Blanco.

Recorridos: Fogasa, Taberna del Puerto, S.L., Prisoma Inversiones, S.L., Benita Salgado Pardiñas.

M.ª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2973/2011-JS, desta sección, seguido por instancia do Real Club Náutico de Vigo contra Fogasa, Taberna del Puerto, S.L., Prisoma Inversiones, S.L., Benita Salgado Pardiñas sobre despedimento disciplinario, se ditou auto, en data do 13 de xaneiro de 2012, pola Sala do Social do Tribunal Supremo, cuxa parte dispositiva di:

«Dispoño declarar desistido o recurso de casación preparado polo Real Club Náutico de Vigo, contra a sentenza ditada por T.S.J. Galicia Social da Coruña en data vinte e un de outubro de dous mil once, no recurso RSU 2973/2011».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Taberna del Puerto, S.L. e Prisoma Inversiones, S.L., cuxos domicilios na actualidade se ignoran, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 19 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial