Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13505

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

CÉDULA de notificación de sentenza (recurso de suplicación 3656/2008-JS).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Sala do Social-Secretaría: M. Asunción Barrio Calle.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3656/2008-JS.

Materia: accidente.

Recorrente: Darío Ventureira Boquete.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutua Fremap, empresa Tecfamon, Estructuras Metálicas Cambre, S.L.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 4 da Coruña. Demanda 83/2006.

Cédula de notificación de sentenza (recurso de suplicación 3656/2008-JS).

Nas actuacións de recurso de suplicación 3656/2008-JS a que se refire o encabezamento, seguidas perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 83/2006 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidos por Darío Ventureira Boquete contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutua Fremap, empresa Tecfamon, Estructuras Metálicas Cambre, S.L., sobre accidente, con data do 19 de marzo de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante Darío Ventureira Boquete contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 desta capital, do 18 de abril de 2008, ditada en autos número 83/2006, seguidos por instancia do citado recorrente contra os demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, a Mutua Fremap, así como contra as empresas Tecfamon e Estructuras Metálicas Cambre, S.L., sobre invalidez/accidente, debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano)».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que no sucesivo se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Tecfamon, con último domicilio coñecido en Cambre, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial