Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13563

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trazo

ANUNCIO de bases e convocatoria de proceso selectivo para cubrir unha praza vacante de auxiliar administrativo polo procedemento de oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 57, do 22 de marzo de 2012, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión, polo sistema de oposición libre, da seguinte praza incluída na oferta pública de emprego correspondente ao exercicio 2010, aprobada por acordo da Xunta de Goberno Local, do 30 de decembro de 2010 e publicada no Boletín Oficial da provincia número 43 do 3 de marzo de 2011:

– Grupo C, subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración xeral. Subescala: auxiliar administrativa. Número de vacantes: 1. Denominación: auxiliar administrativo. Nivel: 18.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado ou no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do concello.

Trazo, 22 de marzo de 2012.

José Dafonte Varela
Alcalde