Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13562

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública sobre instalación de lavado e engraxamento de vehículos neste concello.

Diana López Carballo solicitou desta alcaldía licenza municipal para instalación de lavado e engraxamento de vehículos, en r/ Diego Pazos, 104, baixo, deste concello. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, co obxecto de que durante este se poida examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e se poidan formular as alegacións que se consideren oportunas.

Sarria, 14 de marzo de 2012.

José Antonio García López
Alcalde