Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012041AL-PO, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 29 de febreiro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador número 2012041AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra a entidade Naus Import Export, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Naus Import Export, S.L. o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o/a asiste, ao abeiro do disposto no numero 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avda. Fernández Ladreda, 43, 1.º, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 20 de marzo de 2012.

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2012041AL-PO.

Denunciada: Naus Import Export, S.L., con CIF B36993764.

Último enderezo coñecido: rúa Romil, 69, oficina 17, 36211 Vigo.

Feito imputado: supostas infraccións en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigos 2.2.4.1, 2.2.4.4, 2.2.4.5 e 3.3.1.2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

– Artigo 14, punto 3.b); artigo 17; artigo 18, e artigo 19, puntos 1 e 2, do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

– Artigos 2 e 8, punto 1.a), do Real decreto 1712/1991, do 29 de novembro, sobre rexistro xeral sanitario de alimentos.

– Artigo 3; artigo 5, puntos 1, 2, 3 e 4, e artigo 6 do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigos 5 e 6 do Real decreto 1801/2003, do 26 de decembro, sobre seguridade xeral dos produtos.

– Artigos 5, 17 e 18 do Real decreto 1334/1999, do 31 de xullo, sobre as normas xerais de etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimenticios.

Tipificación: infracción moi grave, segundo o artigo 35, punto C) 1.ª e 2.ª, e punto B) 1.ª, 2.ª e 3.ª, da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e segundo o artigo 43.c) e f) e o artigo 42.d) e e) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Sanción proposta: vinte e catro mil corenta euros e cincuenta e dous céntimos de euro (24.040,52 euros).