Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13880

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1306/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de refozo do Social número 4 da Coruña, por medio do presente anuncia que na demanda 1306/2009, seguida por instancia de María Isabel Costa Figueiras e Hortensia Josefa Faraldo Sánchez contra a empresa ETS Servicios Externos, S.L., en que foi parte o Fogasa, se ditou a sentenza número 168/2012, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«A Coruña, 16 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1306/2009, en que foron demandantes María Isabel Costa Figueiras e Hortensia Josefa Faraldo Sánchez, representadas polo letrado Sr. Pedreira Candal, e demandada a empresa ETS Servicios Externos, S.L. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por María Isabel Costa Figueiras e Hortensia Josefa Faraldo Sánchez contra ETS Servicios Externos, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a María Isabel Costa Figueiras a cantidade de 888,37 euros e a Hortensia Josefa Faraldo Sánchez a cantidade de 936,26 euros, que lles debe. Estas cantidades deberanse incrementar co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en forma a ETS Servicios Externos, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado