Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13873

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1264/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, por medio do presente, anuncia que na demanda 1264/2009, seguida por instancia de Jesús Barros Ínsua contra Asepeyo, Mutua de Accidentes de Trabajo, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e contra a empresa Cerrajerías Metálicas Avenida, S.L., se ditou a sentenza núm. 166/2012, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 16 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre prestación de incapacidade permanente 1264/2009, en que foi demandante Jesús Barros Ínsua, representado pola letrada Sra. Garrido Fernández, e demandadas Asepeyo, Mutua de Accidentes de Trabajo, representada polo letrado Sr. Balo Couto, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Suárez Berea, así como a empresa Cerrajerías Metálicas Avenida, S.L.

Dispoño que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Jesús Barros Ínsua contra Asepeyo, Mutua de Accidentes de Trabajo, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), así como contra a empresa Cerrajerías Metálicas Avenida, S.L. e, en consecuencia, absolvo as entidades demandadas de cantas pretensións se exerceron na súa contra neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en forma a Cerrajerías Metálicas Avenida, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado