Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña, en relación co procedemento ordinario núm. 56/2012, interposto por Lino García Beiro, contra a resolución ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente sancionador e de restitución da legalidade urbanística, pola que se impón unha sanción como consecuencia das obras abusivas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña.
Polo exposto, mediante a presente resolución emprázase a Enrique Ortega Domínguez para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2012.
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

