Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14900

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de información pública para a apertura e construción dunha nave.

Unha vez solicitada a licenza por Mantop, S.L. (Mantenimiento de Obras Portuarias, S.L.) para a apertura e construción dunha nave para o mantemento de obras portuarias na parcela E.3-B no polígono industrial de Vilar do Colo, Fene; en cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese á información pública por un prazo de vinte días hábiles, que comezará a contar desde a última das publicacións deste anuncio no BOP e no DOG, para que quen se vexa afectado dalgún modo pola actividade presente as alegacións que considere pertinentes, podendo examinar o expediente no Departamento Municipal de Urbanismo.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 6 de marzo de 2012.

Gumersindo P. Galego Feal
Alcalde