Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14899

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para a apertura e construción dunha nave.

Solicitada licenza por Sevimo, S.L. (Señalización, Viales y Mobiliario, S.L.) para a apertura e construción dunha nave para a realización de sinalización, vías e mobiliario na parcela E.3-A Polígono Industrial Vilar do Colo, Fene, en cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, que comezará a contar desde a última das publicacións deste anuncio no BOP e no DOG, para que quen se vexa afectado dalgún modo pola actividade presente as alegacións que considere pertinentes. Poderase examinar o expediente no Departamento Municipal de Urbanismo.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 6 de marzo de 2012.

Gumersindo P. Galego Feal
Alcalde