Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2012 pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 7659/2011, interposto por Manuel Prieto Vázquez e Rosina Méndez Barbeito contra a Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 8 de xullo de 2011, que desestima a solicitude de suspensión no recurso de alzada interposto contra a Resolución do 31 de marzo de 2011, do director xeral do IGVS, de incoación de expediente de reversión de terreos transmitidos ao IGVS incluídos no sector 10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña (Parque Ofimático).

O Tribunal Superior de Xustiza, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 3.ª, remitiu a esta Administración un oficio polo cal se solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 7659/2011, interposto por Manuel Prieto Vázquez e Rosina Méndez Barbeito contra a Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 8 de xullo de 2011, que desestima a solicitude de suspensión no recurso de alzada interposto contra a Resolución do 31 de marzo de 2011, do director xeral do IGVS, de incoación de expediente de reversión de terreos transmitidos ao IGVS incluídos no sector 10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña (Parque Ofimático).

En consecuencia, acórdase nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao dito tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos citados, no Tribunal Superior de Xustiza, Sala do Contencioso-Administratrivo, Sección 3.ª, no prazo de nove días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2012.

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo