De acordo coa Resolución da xerente do Servizo Galego de Saúde do 16 de marzo de 2012, e en cumprimento do disposto no artigo 101.3 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, que permite ao Servizo Galego de Saúde o arrendamento directo dos inmobles que sexan necesarios para o desenvolvemento das súas funcións coa obriga de publicar o anuncio e a adxudicación no Diario Oficial de Galicia, excepto naqueles casos en que, con base nas peculiaridades do ben, non sexa precisa a publicación do anuncio, pola necesidade de arrendar un inmoble determinado.
En virtude do establecido no Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 15 de maio de 2009, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,
RESOLVO:
Primeiro. Facer pública a contratación do alugueiro con base nas peculiaridades do ben dunha nave sita na rúa Severino Cobas, n.º 140 de Sabaxáns (Lavadores) en Vigo, con destino a almacén xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2012.
P.O. (Orde do 15.6.2009)
M.ª Nieves Domínguez González
Xerente do Servizo Galego de Saúde

