A Xunta de Goberno Local deste concello, en sesión do día 17 de abril de 2012, acordou aprobar inicialmente o Plan especial de dotacións da cidade deportiva Real Aero Club de Santiago, S.A.
O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 86.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, co obxecto de que durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego, os interesados poidan examinar o expediente e presentar as alegacións que consideren oportunas.
Ames, 18 de abril de 2012.
Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde

