En cumprimento do disposto no artigo 138.1 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato privado:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.
c) Número de expediente: ref. 2193.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: privado.
b) Descrición do obxecto: contratación, mediante procedemento aberto, das pólizas de seguro de vehículos de motor do concello de Ourense.
c) Medio de publicación do anuncio de licitación: no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.
d) Datas de publicación do anuncio de licitación: 2 de novembro de 2011 e 4 de novembro de 2011.
3. Trámite e procedemento de adxudicación.
a) Trámite: ordinario.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 75.000 euros (impostos e taxa de consorcio de compensación de seguros incluídos), cun valor estimado do contrato, en función da súa valoración, de 150.000 euros.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 1 de marzo de 2012.
b) Data de formalización: 27 de marzo de 2012.
c) Contratista: Mapfre Familiar, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A.
d) Importe de adxudicación: 43.263,59 euros (todos os impostos incluídos).
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta económica máis baixa e a que mellor oferta técnica presenta, de conformidade cos informes que constan no expediente e coas resolucións da mesa de contratación.
Ourense, 28 de marzo de 2012.
Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde

