Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15098

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle na confluencia das rúas Domingo García Sabell-costa de San Francisco e Carretas-Entrerríos.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 12 de marzo de 2012, adoptou o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente o estudo de detalle na confluencia das rúas Domingo García Sabell–costa de San Francisco e Carretas–Entrerríos, formulado de oficio polo concello a través dos servizos técnicos municipais.

b) En aplicación do procedemento regulado polo artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo de vinte (20) días, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia.

Durante o trámite de información pública solicitarase o informe do director xeral do Patrimonio Cultural, o da Sección Municipal de Patrimonio, e outorgarase audiencia ao decano da Escola de Estomatoloxía.

De conformidade co disposto no artigo 86.2 da LOUG, o citado expediente sométese a información pública, durante un prazo de vinte (20) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2012.

Gerardo Conde Roa
Alcalde