Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15099

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilasantar

ANUNCIO de información pública sobre taller de reparación de automóbiles na Carballeira (Présaras).

Óscar Vázquez Corral solicitou da Alcaldía licenza municipal de obra e actividade para un taller de reparación de automóbiles, rama mecánica, sito no lugar da Carballeira, parroquia de Présaras desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo, que empezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia da Coruña, poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Vilasantar, 2 de abril de 2012.

Fernando Pérez Fernández
Alcalde