A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola Presidencia do organismo e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:
1. Entidade adxudicadora:
Organismo: Augas de Galicia.
Dependencia que tramita o expediente: contratación.
Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén, se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es
Tipo de contrato: obra.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.
2. Obxecto do contrato: obras.
Descrición: reparación do decantador da estación depuradora de augas residuais de Nigrán. Nigrán (Pontevedra).
Número de expediente: OH.336.1023.
CPV (Referencia de nomenclatura): 45252100-9.
Medio e data de publicación de licitación: DOG n.º 235, do 12 de decembro de 2011.
Orzamento base de licitación: importe neto: 503.604,91 euros. Importe total: 594.253,79 euros.
Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.
Data de adxudicación: 20 de marzo de 2012.
Importe de adxudicación: importe neto: 444.067,80 euros. Importe total: 524.000,00 euros.
Data de formalización do contrato: 28 de marzo de 2012.
Contratista: Viviendas y Obras Civiles, S.A.
Vantaxes das ofertas do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.
3. Cofinanciamento da Unión Europea.
A actuación referida no punto 2) anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun setenta por cento (70%), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3 Ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos, tema prioritario 46: tratamento da auga (auga residual). Unha maneira de facer Europa.
O cofinanciamento europeo, así mesmo, fíxose público no perfil do contratante e foi comunicado de xeito individual aos licitadores.
4. Outras informacións.
A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2012.
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG n.º 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

