Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15148

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 27 de marzo de 2012 pola que se autoriza a apertura e o funcionamento do centro privado Estudios Superiores en Administración y Finanzas, no concello da Coruña.

A representante da titularidade do C.P.R. Estudios Superiores en Administración y Finanzas, no concello da Coruña, solicita a autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior de Administración e finanzas.

A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña achega o expediente cos correspondentes informes de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995, que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a apertura e o funcionamento do centro privado que se sinala:

Denominación: C.P.R. Estudios Superiores en Administración y Finanzas.

Código do centro: 15032790.

Domicilio: r/ Salvador de Madariaga, 50.

Localidade: Montrove.

Concello: Oleiros.

Provincia: A Coruña.

Titular: Escuela de Finanzas, S.L.

Ensinanzas que se autorizan: 1 ciclo formativo de grao superior de Administración e finanzas (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Coruña, logo de informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria