Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15183

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 11 de Vigo

EDICTO (178/2011).

Mar Pino Pérez, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 11 de Vigo, fago saber:

«Sentenza.

Vigo, 13 de marzo de 2012.

Visto por min, José Manuel Couñago Garrido (maxistrado xuíz substituto do Xulgado de Primera Instancia número 11 de Vigo) o xuízo ordinario 178E/2011, interposto pola entidade Santander Consumer EFC, S.A. (asistida polo letrado Sr. Sangiao García e representada pola procuradora Sra. Rodríguez González) contra Mónica Sobral Pérez (en rebeldía e sen asistencia letrada nin representación procesual), procede ditar a sentenza sobre a base dos seguintes:

Decido que admitindo integramente a demanda, debo condenar e condeno a Mónica Sobral Pérez a aboarlle á entidade Santander Consumer EFC, S.A. a cantidade de 7.817,33 €, máis os xuros legais, desde a data da súa interpretación xudicial, sendo a demandada igualmente condenada ao aboamento das custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que poderá presentarse mediante escrito ante este xulgado no prazo de 20 días na forma establecida no artigo 458 da LAC.

Para a admisión a trámite do recurso debe proceder a parte recorrente á constitución de depósito por importe de 50 euros, de conformidade co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX, segundo reforma aprobada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial, pola que se modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Únase a presente resolución ao libro da súa clase, deixando en autos testemuño dela.

Así, por esta a miña sentenza, a pronuncio, mando e asino».

Que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC e como consecuencia do ignorado paradoiro de Mónica Sobral Pérez, se expide o presente para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 20 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial