Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15185

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (775/2010).

Nos autos de ordinario número 775/10, seguidos por instancia do procurador Manuel J. Pedreira del Río, en nome e representación de Banco Santander Central Hispano, contra Fenny Balbuena del Rosario, ditouse o 24.3.2011 sentenza que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos.

Sentenza: 40/2011.

Procedemento ordinario 775/2010.

Sentenza.

Betanzos, 24 de marzo de 2011.

Vistos por min, Miguel Ángel García Lastres, xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 desta cidade, os autos de xuízo ordinario número 775/2010, seguidos por instancia do Banco de Santander Central Hispano, representado polo procurador Sr. Pedreira e asistido do letrado Sr. Castro Díaz, contra Fenny Balbuena del Rosario, declarado en rebeldía procesual mediante dilixencia de ordenación do 11.2.2011, resultan os seguintes

Resolvo que se estima a demanda interposta polo procurador Sr. Pedreira en nome e representación de Banco de Santander Central Hispano e, en consecuencia, condénase o demandado a que aboe á demandante a contía de doce mil cincuenta e cinco euros con cincuenta e sete céntimos (12.055,57 €) de principal máis os xuros de demora pactados ao 16,750% e xerados desde a data de peche da demanda, 2.11.2009, ata o completo pagamento do principal, con imposición ao demandado de todas as custas causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes, con indicación de que contra ela pode interpoñerse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte á súa notificación, que deberá prepararse ante este xulgado, por medio de escrito en que o apelante se limitará a citar a resolución apelada e a manifestar a súa vontade de interpoñer recurso con expresión dos pronunciamentos que impugna (artigo 457 LAC).

Así por esta a miña sentenza, que será arquivada no libro de sentenzas deste xulgado, e da que se levará testemuño aos autos, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Miguel Ángel García Lastres, xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos. Asinado e rubricado.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data, ante min a secretaria. Dou fe».

E, en cumprimento do acordado, para a súa publicación no DOG e para que sirva de notificación en forma ao demandado rebelde Fenny Balbuena del Rosario, expídese este edicto.

Betanzos, 10 de febreiro de 2012.

A secretaria